O Ateneo Santa Cecilia presenta unha nova edición de ‘Voilà la femme’

4 Marzo 2024

Un ano máis e con este xa van 31ª edicións, o Ateneo Santa Cecilia de Marín presenta unha nova exposición de ‘Voilà la femme’.

Comisariada e coordinada por Celeste Garrido, este ano ‘Voilà la femme’ contará coas seguintes artistas que mostrarán a súa obra, todas de distintas disciplinas artísticas:

  • Adriana Rodríguez García
  • Alba Prado Fuentes
  • Carmen Suárez Marcos
  • Celia Vilariño Porto
  • Medeinha (María González Rodríguez)
  • Mónica Lago Gómez

A inauguración terá lugar o mércores, 6 de marzo ás 20:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia, e poderá visitarse ata o 5 de abril, de martes a venres, de 17:30 a 20:30 horas, e os sábados, de 11:00 a 13:00 horas.


Está pasando!