O Ateneo Santa Cecilia publica as bases do seu Concurso de Postais e Contos de Nadal 2021

28 Outubro 2021

Un ano máis, o Ateneo Santa Cecilia de Marín publica as bases do seu Concurso de Postais e Contos de Nadal 2021, dirixido os/as escolares dos centros educativos da zona de Marín.

Este ano o concurso conta coa novedade de engadir unha nova categoría, a de Educación Especial, que se ben é certo que sempre participaban e dábanse accésit aos mesmos, non había una categoría oficial. Polo tanto, en total haberá 5 categorías de premios para cada un dos Concursos (Contos e Postais).

O prazo para a entrega de traballos remata o venres, 10 de decembro. A  entrega de premios realizarase no local do Ateneo o mércores 22 de decembro ás 19:00 horas.

Así mesmo, como cada ano, o Ateneo engalanará as súas paredes coas Postais recibidas e a mostra poderase visitar dende o 20 de decembro ao 10 de xaneiro.


Está pasando!