Charo López | Sergio Parra

O Auditorio Emilia Pardo Bazán retoma a o ciclo ‘Sanxenxo no foco’ con ‘Os fabulosos cleaners’, ‘Verso a verso’ e ‘Bernarda’

12 Xaneiro 2026

O Auditorio Emilia Pardo Bazán retoma, por segundo ano consecutivo e tras o éxito da primeira edición, o programa ‘Sanxenxo non foco’ con tres propostas culturais para este mes de xaneiro.

O obxectivo que persegue a Concellería de Cultura e Eventos, dirixida por Elena Torres, é ofrecer unha proposta enriquecedora e accesible para todos os públicos, a través de eventos artísticos de calidade que inclúan música, teatro, danza, cinema e actividades educativas.

A programación arrinca o vindeiro sábado, 17 de xaneiro, ás 18 horas, con ‘Os fabulosos Cleaners’, un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual extraordinaria para toda a familia.

Dúas limpadoras de teatro descobren por casualidade as posibilidades que ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes embarcaranse nunha emocionante viaxe guiados polas fantásticas pompas.

O público sorprenderase e gozará destas máxicas pompas: transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voadoras polo escenario.

O sábado 24 de xaneiro, ás 20:30 horas, Charo López, chega ao Auditorio de Sanxenxo co recital de lírica e poesía xunto Luis Santana e o mestre Victor Carbajo.

O fío condutor de ‘Verso a verso’ correrá a cargo da actriz española Charo López. A parte vocal correrá a cargo do barítono Luis Santana, un dos máis cotizados barítonos españois especializado na interpretación dos clásicos da música española. Parte integrante desta homenaxe á poesía será o mestre Victor Carbajo que acompañará aos artistas ao longo do recital.

A obra de teatro ‘Bernarda’ porá o broche de ouro á programación do mes de xaneiro no Auditorio, o día 31 de xaneiro, ás 20:30 horas.

A historia con texto orixinal de Jose Prieto está ambientada nun pequeno pobo de Galicia en 1975.

Bernarda queda viúva o mesmo día da morte de Franco. Quedan dúas fillas novas e xemelgas. Bernarda decreta un rigoroso loito. Durante dous anos non poderán ver a televisión, nin escoitar a radio, nin ler revistas. Durante dous anos só poden saír de casa para ir á igrexa, á tenda ou ao cemiterio. Durante dous anos as contraventanas deberán permanecer pechadas día e noite.

Fóra, a sociedade da transición está a cambiar. Dentro, Bernarda fai todo o posible para que eses cambios non entren na súa casa.

As entradas para os tres espectáculos xa están disponibles en Ataquilla.

Está pasando!