O Centro Cultural da Guarda acolle este venres a XIV Gala do Deporte

7 Marzo 2023

O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro venres día 10 de marzo da gran festa do deporte guardés coa celebración da XIV edición da Gala do Deporte.

Neste evento recoñeceranse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

A gala, que comezará ás 20:30 horas no Centro Cultural, estará presentada polo xornalista Terio Carrera, e están convidadas todas as asociacións, clubs e deportistas individuais da Guarda, así como todas aquelas persoas que desexen achegarse e participar na xornada de celebración e xuntanza do deporte guardés.

En palabras de Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, “esta edición será a Gran Festa do Deporte na que se vai a recoñecer o traballo, esforzo e implicación dos clubs, entidades deportivas e deportistas individuais. Queremos que o deporte guardés viva e desfrute dun gran evento para visibilizar o enorme traballo desenvolvido, a importancia do deporte base na formación dos nosos rapaces e rapazas e os beneficios que para a saúde reporta a práctica deportiva. Seguir promocionando o deporte aporta múltiples beneficios á sociedade guardesa.”


Está pasando!