O Centro Sur de Pontevedra acolle a 4ª Mostra de Teatro Afeccionado da Asociación Veciñal Salcedo Norte

27 Xuño 2024

A Asociación Veciñal Salcedo Norte comprácese en anunciar a 4ª Mostra de Teatro Afeccionado, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xuño ás 20:00 horas, no centro social Centro Sur, situado na Rúa Luis Braille, 40 de Pontevedra.

Este evento cultural tenta achegar aos veciños e veciñas distintas obras de teatro de grupos locais.

  • Venres 28 de xuño. ‘Dúas vellas e un segredo’. Clámide Taller Teatro.
  • Sábado 29 de xuño. ‘Mentiras aou medias mentiras’. Teatro Candelas.
  • Domingo 30 de xuño. ‘Que facemos con mamá?’. Salcedo Norte.

A entrada a todas as funcións será gratuíta.

Organizado pola A.V. Salcedo Norte, conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.


Está pasando!