Yerai Cortés | © Dani Pujlate

O ciclo Maresía trae a Pontevedra ao guitarrista alicantino Yerai Cortés, unha das figuras máis prometedoras do flamenco contemporáneo

13 Xaneiro 2026

Yerai Cortés (Alicante, 1995) é un dos guitarristas máis prometedores do flamenco contemporáneo. En 2024 estrenou a película ‘La Guitarra Flamenca de Yerai Cortés’, dirixida por C. Tangana, que gañou dous premios Goya en 2025 e outros recoñecementos internacionais. Ese mesmo ano, lanzou o seu álbum debut homónimo con Sony Music, que incluso foi destacado por COLORSXSTUDIO.

Colaborou con artistas como Remedios Amaya, Israel Fernández, Farruquito, Rocío Molina, Niño de Elche, Judeline e C. Tangana. Co seu espectáculo ‘Guitarra Coral’, que encheu salas de festivais prestixiosos como o Sónar e o Montreux Jazz Festival, agora actúa en salas emblemáticas como o Teatro Real e o Palau da Música.

Cunha técnica virtuosa e unha poderosa conexión emocional, consolidouse como unha figura destacada para unha nova xeración que fusiona tradición e modernidade.

Yerai actuará en ‘formato solo’ o venres 24 de abril no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do ciclo Maresía, unha cita que reúne algunhas das propostas máis singulares do panorama musical actual.

Apertura de portas ás 20:30 horas.

O concierto forma parte do programa Concertos do Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia e a Axencia Turismo de Galicia.

Entradas anticipadas á venda dende 23,10 euros en Ataquilla.com

Está pasando!