O Ciclo Mestre Mateo 2023 continúa na Guarda este xoves coa proxección de “Life is life”

27 Xuño 2023

  • O Ciclo presenta nas localidades escollidas as proxeccións das longametraxes finalistas na edición 2023 dos premios ao cinema galego.
  • Xoves día 29 de xuño ás 21:00 horas no Centro Cultural da Guarda

Continúa na Guarda o Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que conta coa colaboración das catro deputacións provinciais, para poder amosar o mais novidoso e relevante do noso cinema nas vilas de Galicia.

Esta proposta que tivo a súa primeira edición o pasado ano 2022 , suma neste 2023 novas localidades entre as que se atopa a vila da Guarda. O ciclo conleva a proxección de 8 filmes, de ficción, documental e animación que se proxectarán entre os meses de xuño e novembro.

O ciclo continúa coa a longametraxe “Live is life” (Dani de la Torre, 2022) que poderá verse na Guarda este xoves día 29 de xuño ás 21:00 horas no Centro Cultural da Guarda.



Durante o verán o ciclo fará unha pausa para retomarse no mes de outubro, cando poderemos ver a gran gañadora da edición 2023: “O Corpo Aberto”, que se fixo con 12 galardóns na presente edición dos premios Mestre Mateo 2023.

Outros filmes que teremos a oportunidade de ver nos meses de outubro son: o documental “María Casares, a muller que viviu mil vidas”, e “Unicorn Wars” recoñecidas respectivamente como Mellor documental e Mellor longametraxe de animación.

O filme de animación “Valentina”, que foi gañadora no 2022 do Goya á mellor longametraxe de animación, así como os documentais “A foreign song” (César Souto, 2022) gañadora dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón; e “Onde máis doe” (Manane Rodríguez, 2022) estreada no OUFF – Ourense Film Festival.



Na web ciclomestremateo.gal pódese consultar toda a información do ciclo, así como as fichas das películas e a axenda de proxeccións, que reproducimos a continuación:

 8 de xuño | 21:00 horas

  • ‘CÓDIGO EMPERADOR’

29 de xuño | 21:00 horas

  • ‘LIFE IS LIFE’

7 de outubro | 18:00 horas

  • ‘VALENTINA’

11 de outubro | 21:00 horas

  • ‘O CORPO ABERTO’

26 de outubro | 20:30 horas

  • ‘A FOREIGN SON’

10 de novembro | 20:30 horas

  • ‘UNICORN WARS’

16 de novembro | 20:30 horas

  • ‘ONDE MÁIS DOE’

30 de novembro | 20:30 horas

  • ‘MARÍA CASARES A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS’
Está pasando!