‘Poetas Di(n)versos’ pechará o ciclo co recital de María do Rosário Pedreira e Xabier Rodríguez Baixeras

16 Febreiro 2021

Dúas das grandes e ben consagradas voces da poesía galega e portuguesa daranse cita con Yolanda Castaño o luns 22 de marzo para compartir os seus intimistas e evocadores poemas: María do Rosário Pedreira e Xabier Rodríguez Baixeras.

Este evento forma parte do ciclo ‘Poetas di(n)versos’, citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

O encontro será retransmitido en streaming na canle de Youtube do ciclo.

Coma sempre, unha libraría de proximidade poñerá á venda os títulos das convidadas, quen se ofrecerán a asinar exemplares.

A capacidade do Centro Sociocultural Ágora (Lugar Gramela 17 – 15010 A Coruña) está limitada a 90 persoas.

Está pasando!