O Cineclube Pontevedra despide o ano coa proxección dun dos máis belos filmes da historia contemporánea: ‘As harmonías Werckmeister’, dos cineastas húngaros Béla Tarr e Ágnes Hranitzky

13 Decembro 2022

O martes 20 de decembro, o Cineclube Pontevedra despide o ano coa proxección dun dos máis belos filmes da historia contemporánea: ‘As harmonías Werckmeister’ (2000, Hungría, 139 min., VOSE ), dos cineastas húngaros Béla Tarr e Ágnes Hranitzky.

A finais dos oitenta, a tranquila e monótona vida dunha pequena e fría vila de provincias húngara vese alterada pola chegada dunha compañía ambulante que promete exhibir a balea máis grande do mundo. Ninguén sabe con certeza se os rumores que acompañan a atracción do misterioso príncipe que viaxa xunta o cadáver da balea son certos, pero o nerviosismo e o desasosego van causando efecto na multitude, sempre supersticiosa e facilmente manipulable.

Nominado a Mellor Filme Estranxeiro pola Asociación de Crítico de Chicago en 2001.


Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades. Asóciate!

Está pasando!