‘A noite do cazador’ (Charles Laughton, 1955)

O Cineclube Pontevedra encherá de ‘Cinema e Estrelas’ a Praza da Pedreira

29 Xullo 2021

O programa de verán ‘O Son da Rúa’, organizado polo Concello de Pontevedra, continúa ofrecendo unha programación variada en estilos e formas.

A aposta por un ocio alternativo tamén se materializa coa posibilidade de poder ver algunhas das mellores películas dos últimos anos, grazas ao Cineclube Pontevedra.

Entre o luns, 2 de agosto, e o venres, 6 de agosto, a veciñanza da cidade poderá gozar na Praza da Pedreira dun cinema relevante, histórico e de balde.

Para non entrar en conflito coa normativa sanitaria actual, que non permite as reunións entre non conviventes a partir da unha da madrugada, a nova hora de comezo dos filmes pasa a ser ás 22.30 horas, en todas as proxeccións. Co anterior horario, tendo en conta a duración dalgunhas obras, sería difícil finalizar á hora estipulada como legal.

Todas serán proxectadas en Versión Orixinal con lendas en castelán, agás ‘O que arde’, que será en Versión Orixinal, en galego.

  • Luns 2 – ‘Eu, Tonya’
  • Martes 3 – ‘Tres anuncios nas aforas’
  • Mércores 4 – ‘O que arde’
  • Xoves 5 – ‘Parásitos’
  • Venres 6 – ‘A noite do cazador’

Está pasando!