O Circo de Nadal, este ano conta a historia dunha panadería en apuros, e que mellor localización para contar esta historia que a gran Panificadora de Vigo

24 Novembro 2022

Está a escurecer e ando sen rumbo. De súpeto, levanto a vista e sorpréndeme ao ver un enorme edificio vello. Onde estou? Cal será este antigo lugar? Un almacén? Unha fábrica?

Polas fiestras sae un doce cheiro a… pan! pan recén feito! e quente! As chemineas fuman e hai o forte ruxido das máquinas, pero é un ruído estrañamente agradable, coma se as poleas e os engrenaxes bailasen xuntos ao ritmo do Nadal.

De súpeto escoito un “clin!” e cae o silencio, todo dentro detense por un momento e as luces tintinean, ¡como se o tempo se conxelara!

Que foi todo isto? Que pasará alí dentro?

Se queres sabelo, terás que vir á nosa particular Panificadora, no Circo de Nadal. Así podes coñecer aos curiosos personaxes que se esconden dentro.

Quizais necesiten a túa axuda para resolver este enigma máxico. Estás listo? Só fai falta ganas, ilusión e o mellor dos teus sorrisos.

O Circo de Nadal, este ano conta a historia dunha panadería en apuros, e que mellor localización para contar esta historia que a gran Panificadora de Vigo. Unha boa forma de contextualizar unha historia fantástica nun escenario local e achegar ao público á historia recente da nosa cidade.

Cun elenco formado por 15 artistas con acróbatas, malabaristas, funambulistas e pallasos de Madrid, Italia, Brasil, Arxentina e Vigo.

Unha historia que pretende conxugar a maxia do circo e do Nadal, para facer gozar ao público en xeral.

Do 2 de decembro de 2022 ao 8 de xaneiro de 2023 na carpa instalada na Avenida Castelao – Coia.

Entradas anticipadas á venda desde 15 euros en Ataquilla.com


Está pasando!