O Concello da Estrada convoca a primeira edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

14 Xaneiro 2021

O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a primeira edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.

Poderán optar ao concurso todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia.

O traballo vencedor será recoñecido con 2.000 euros en metálico e será publicado pola Editorial Galaxia.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 25 de febreiro. Os álbums deberán enviarse ao seguinte enderezo:

I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

Concello da Estrada

Praza da Constitución, 1

36680 A Estrada (Pontevedra)

BASES DO PREMIO

Está pasando!