O Concello da Guarda organiza este ano diversas actividades para festexar o Samaín

24 Outubro 2022

  • Do 27 ao 31 de outubro a Biblioteca Pública Municipal oferta ‘Facemos un trato?’
  • Gran Festa de Samaín o luns día 31 de outubro na Praza do Reló con obradoiros e concerto

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano diversas actividades para festexar o Samaín na Guarda.

Por una banda a Biblioteca Pública Municipal oferta do 27 ao 31 de outubro a actividade ‘Facemos un trato?’ coa cal os usuarios deste servizo levarán un doce de agasallo ao facer un préstamo dun libro.

Para a xornada do luns día 31 de outubro a Praza do Reló será o epicentro das celebracións do Samaín dende as 17:30 horas da tarde con Obradoiros de Tatoos terroríficos e Pintacaras e a partires das 18:30 horas con música a cargo do grupo ‘Crónicas Pop’, con animación de baile para xs máis pequenxs.

O fin de festa será sobre as 20:30 horas cunha Queimada de Defuntos e chocolate quente para todxs.

Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, convida a toda a poboación guardesa a participar nestas actividades dunha festividade que, ano a ano, se consolida nos nosos calendarios e que desfrutan, sobre todo, os máis pequenxs da casa.


Está pasando!