O Concello de Baiona adianta o Entroido que se celebrará o sábado 15 de febreiro

28 Xaneiro 2025

O Concello de Baiona, a través da concellería de Festexos, adianta novamente o Concurso de Comparsas de Entroido no municipio, xa que volve coincidir coas datas de celebración da Festa da Arribada, estando previsto o concurso para o sábado 15 de febreiro.

O desfile de comparsas partirá, como vén sendo habitual, desde a Avda. Urbana de Sabarís ás 17:00 horas en dirección ao centro da vila onde reamatará no paseo Ribeira, e acto seguido, terá lugar o popular Enterro da Sardiña, que será amenizado pola Charanga Os Jaláticos.

As bases do concurso establecen un límite máximo de participantes de 20 comparsas, que deberán estar integradas por un mínimo de 12 compoñentes, podendo optar aos seguintes premios:

  • 1º Premio: 900 euros
  • 2º Premio: 650 euros
  • 3º Premio: 500 euros
  • 4º Premio: 400 euros
  • 5º Premio: 300 euros


As demais comparsas participantes que non consigan premio, optarán ás seguintes axudas en función do seu número de compoñentes:

  • De 81 a 100 compoñentes, 300 euros.
  • De 61 a 80 compoñentes, 250 euros.
  • De 41 a 60 compoñentes, 200 euros.
  • De 21 a 40 compoñentes, 150 euros.
  • De 12 a 20 compoñentes, 100 euros.

O prazo de presentación de solicitudes, aínda non está aberto, estando previsto que o faga, nos próximos días, unha vez publíquese o extracto da convocatoria no BOP da Provincia de Pontevedra, vía BDNS.

Está pasando!