O Concello de Bueu pon en marcha un programa de rutas de sendeirismo

11 Xullo 2020

O Concello de Bueu pon en marcha este verán un programa de rutas de sendeirismo para a divulgación do patrimonio natural e cultural da vila.

O programa desenvolverase todos os sábados entre o 18 de xullo e o 29 de agosto, por parte de persoal especializado da empresa Estela Arqueoloxía e Patrimonio, cuxos responsables, indicaron que “se aplicarán medidas anti- Covid, como uso obrigatorio da máscara e o mantemento das distancias de seguridade”. Para cada ruta habilitaranse vinte e cinco prazas e as persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través do teléfono 986 324 457 ou no correo electrónico turismo@concellodebueu.gal

O 18 de xullo será a primeira das saídas, que percorrerá o Sendeiro do Litoral. O 25 de xullo continuarase polo Sendeiro de Ermelo; o 8 de agosto, pola Ruta dos Pazos; o 15 de agosto, polo Sendeiro de Beluso; o 22 de agosto, polo Sendeiro de Ons; e o 29 de agosto, culminarase na Ruta dos Abades de Cela.

As camiñadas arrancarán ás 10:00 h. da mañá e percorreranse todas as parroquias e puntos de interese do Concello, co obxectivo de dar a coñecer a fondo a vila morracense.

+info. en concellodebueu.gal

 

Está pasando!