O Concello de Gondomar presenta un Entroido cheo de novidades que este ano se celebrará dende o mércores 15 ata o martes 21

13 Febreiro 2023

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presenta o programa do Entroido 2023, na que como novidade, entre outras, está prevista unha gran verbena para a noite  do martes 21 de febreiro, e por primeira vez a Entronización e a Queima do Meco


As actividades do Entroido 2023 organizadas polo Concello de Gondomar comezarán o mércores 15 cun concerto a cargo da Banda Infantil e Xuvenil de Vincios e o Coro e Orquestra do Conservatorio Municipal de Música de Gondomar, que terá lugar no Auditorio Lois Tobío ás 19:00 horas.

O venres 17 os máis pequenos tomarán ás ruas de Gondomar a partir das 11:00 horas co Desfile Escolar, e posteriormente ás 12:00 horas na Praza Paradela, levarase a cabo unha das sorpresa de este Entroido 2023, a Entronización do Meco, cunha temática que permanecerá en segredo ata ese momento.

A fin de semana arrincará ás 16:30 horas do sábado 18 con Obraboiros Infantís na Praza Paradela a cargo de +quebrincos.

O domingo 19 será sen dúbida un dos días fortes deste Entroido, xa que ás 16:00 horas terá lugar na Praza Paradela a lectura do Pregón que dará inicio ao Desfile de Comparsas de Entroido no que máis de 1.000 persoas desfilarán polas ruas da vila. A xornada do domingo rematará cun concerto a cargo do Trío Azar na Praza Paradela.

A festa continuará o luns 20 e trasladase a Praza Rosalía de Castro onde terá lugar un Desfile Infantil de Disfraces con premios para os participantes e animación a cargo de +quebrincos.

Outra das novidades deste Entroido con respecto a anos anteriores, terá lugar o martes 21 coa celebración dunha Gran Verbena na Praza de San Bieito. A partir das 22:00 horas se bailará ao ritmo da Orquestra La Fórmula que realizará dous pases. No medio deles se procederá a Queima do Meco e a lectura do seu obituario.

Paco Ferreira, alcalde de Gondomar, sinalou que “este Entroido chega cheo de novidades, como a Queima do Meco ou a verbena do martes pola noite, que xunto co xa tradicional desfile de comparsas, que este ano vai batir record de participación, van converter o Entroido de Gondomar nun dos máis importantes da nosa comarca”


Está pasando!