O Concello de Marín abrirá o xoves o prazo para inscribirse nos campamentos de verán de conciliación

7 Maio 2021

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, anunciou que o xoves 13 de maio abrirá o prazo de inscrición para solicitar unha praza nos campamentos de verán de conciliación que ofrece o Concello de Marín, dirixidos a nenos de entre 3 e 12 anos, é dicir, os nados entre o 2009 e o 2018.

A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín, ou presencialmente, presentando a documentación requerida no Rexistro municipal.

As persoas interesadas terán de marxe os primeiros tres días da próxima semana para preparar a documentación e pedir as citas previas e así poder chegar ao xoves, día da apertura do prazo, con todo resolto. O prazo de presentación rematará o 26 de maio. O listado de prazas concedidas sairá o venres 28.

O precio será o mesmo que todos os anos, 30 euros por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, de tal xeito que se ofrecen 50 prazas por cada quincena no casco urbano e 25 en Seixo e Mogor. Unha das quendas do centro urbán redúcese das 75 prazas que se ofertaban outros anos ás 50 para garantir a seguridade e o aforo.

e ofreceranse 50 prazas para cada quincena estival para o campamento urbano. A reducción de prazas frente a outros anos, nos que se ofrecían 75, vén xustificada pola situación sanitaria e a necesidade de cumprir con aforos máximos. A esas prazas no casco urbano súmanse as 25 que se ofrecerán en Seixo e Mogor para as dúas quendas planificadas, que serán na segunda quincena de xullo e na primeira de agosto.

Outra novidade con respecto a este ano será o emprazamento no que se desenvolverán os campamentos urbanos, que pasarán do Sequelo ao CEIP da Laxe, por mor das obras que albergará o centro durante o verán, que impiden a prestación deste servizo con seguridade.

Toda a información completa e a documentación, na páxina web do Concello.

Está pasando!