O Concello de Marín habilita a reserva de entradas para o concerto do grupo DVicio

6 Xullo 2021

O xoves, 15 de xullo, na véspera do Día do Carme, poderemos gozar en Marín do concerto do grupo Dvicio na Praza de España. Esta banda española de música pop latina formouse na cidade madrileña de Rivas-Vaciamadrid e ten na actualidade un enorme éxito polo seu traballo, o que lles levou a fichar pola compañía Sony Music en 2013. En 2014 saíu o seu primeiro sinxelo, Paraíso, que os catapultou á súa actual fama.

Será na explanada da Praza de España a partir das 22.30 horas, cun aforo máximo de 1.200 persoas. Se non queres perderlo, reserva xa a túa entrada gratis para poder acceder ao recinto.

A apertura do recinto será ás 21.00 horas. Se colles entrada e non acudes, ás 22.30 liberaranse para que queden dispoñibles.

NORMAS:

  • Máx. 6 entradas por persoa
  • Prohibido beber, comer e fumar dentro da parcela
  • Obrigatorio o uso da mascarilla en todo momento
  • Respectar a distancia
  • Obrigatorio ter entrada para acceder (incluidos nenos pequenos, bebés…)

Reserva de entradas en concellodemarin.es

Está pasando!