O Concello de Nigrán celebra desde o xoves na Ramallosa o festival da cervexa artesana ‘Val Miñor Fest’ con máis de 90 tipos de bebidas, concertos e xogos

18 Agosto 2022

As principais marcas de cervexa artesá de toda España volven protagonizar desde este xoves 18 de agosto e ata o domingo 21 na Alameda da Ramallosa (Nigrán) o Val Miñor Fest, o primeiro festival deste tipo de toda a comarca e que reunirá a cifra record de 90 tipos de bebidas.

A gran novidade desta sexta edición é a volta ao formato pre-pandemia con zona de xogos populares, concertos a diario, talleres, sesións vermú e food-trucks.

O evento está organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns e O roteiro del lúpulo coa colaboración do Concello de Nigrán e a cervexeira local Banda/Trisk-Ale.

Así, todos os atardeceres haberá concertos de grupos de música da comarca (The Lear Papers, El Pelotón dos torpes, Os Mortymer, Theree roosters, Os Pontiaks e Mala Herva) e para maridar coa cervexa estarán presentes nove foodtrucks con diferentes propostas culinarias. A maiores, durante os catro días haberá tamén unha zona de xogos tradicionais e talleres infantís.

Este ano o Val Miñor Fest conta con 90 tipos de cervexa diferentes e destaca a presenza por vez primeira de marcas de gran nivel da comunidade de Madrid e a presenza de cervexas IPA de estilo americano.

Así, nesta sexta edición, a marca local Banda/Triskale estreará a venda ao público do seu primeria Pilsen sen filtrar e tamén unha tipo radler (con limón) ademais de acudir con toda a súa variedade de producións, entre a que non faltará a cervexa ‘Nigrán, equilibrio natural’ en botella e en barril.

Tódalas marcas terán prezos máis baratos que o habitual e haberá para tódolos gustos: cervexa rubia tradicional, suaves ou de máis gradación. Como é habitual, degustaranse nun vaso de vidro especial conmemorativo desta sexta edición…, explican os organizadores.

Descarga o programa en PDF


Está pasando!