Festa dos Maios na praza do Mosteiro | Concello de Poio

O Concello de Poio abre as inscricións para participar na Festa dos Maios

13 Abril 2026

Do 13 o 24 de abril, as persoas físicas, asociacións, grupos, colectivos, centros escolares e agrupacións que queiran participar na Festa dos Maios 2026, poderán inscribirse a través de concellopoio.sedelectronica.gal ou no Rexistro Xeral do Concello de Poio.

Na solicitude deberán incluír o nome, enderezo e teléfono de contacto/enderezo electrónico da persoa representante do maio, e achegar once copias das coplas.

O Concurso dos Maios celebrarase o venres 1 de maio, ás 11:00 horas, na praza do Mosteiro de San Xoán de Poio.

O xurado estará formado polos membros da Comisión Informativa de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Poio.

En canto aos premios, repartiranse 5.630 euros, entre os tres primeiros clasificados nas categorías ao mellor conxunto (220, 180 e 150 euros, respectivamente), mellor maio, mellores coplas, mellor coroa, mellor actuación e mellor barco galego tradicional. Nestes catro grupos os premios serán de 150, 120 e 100 euros, respectivamente. No caso de mellor actuación, inclúense tamén 4º premio (80 euros) e 5º premio (50 euros).

A maiores, polo mero feito de participar, cada maio recibirá 200 euros e dúas roscas.

A praza do Mosteiro de San Xoán énchese o 1 de maio pola mañá de vexetación, cor e música para celebrar esta festa ancestral que dá a benvida á primavera. E xa pola tarde, trasládanse á praza da Chousa, en Combarro.

A Festa dos Maios é unha das celebracións populares con máis tradición en Poio, de feito nos últimos anos a calidade das composicións van en aumento.

Está pasando!