Carme Fouces e Félix Fernández | © Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra formará parte do circuíto das Residencias Paraíso de Danza na convocatoria 2023

1 Decembro 2022

  • Pontevedra é a primeira cidade da provincia en sumarse a estas residencias das que xa formaban parte os concellos de A Coruña, Santiago, Lugo, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Fundación Cidade da Cultura de Galicia
  • Esta iniciativa sumada á programación de danza e artes e movemento que terá lugar do 12 ao 16 de abril, segundo avanzou a concelleira Carme Fouces, darán pulo e visibilidade a esta disciplina

A concelleira Carme Fouces presentaba esta semana a incorporación do Concello de Pontevedra ás Residencias Paraíso e avanzaba que “haberá danza en abril no Pazo dos 12 o 16. Aínda non podo desvelar a programación que estamos perfilando, pero traeremos o máis importante da danza contemporánea do momento. A nosa intención de organizar un ciclo de danza encaixaba moi ben
coas Residencias.

Este foi o seu 6º ano e nos entraremos na convocatoria 2023, que será a 7ª e seremos o primeiro concello da provincia de Pontevedra en sumarnos. É unha aposta por esta arte escénica que precisa de máis pulo e visibilidade porque non hai tanta cultura de ver e entender a danza. En Pontevedra temos un público de teatro que vén educado desde moi novo con ciclos como Núbebes ou Domingos do Principal e chega a adulto con moito percorrido e sendo moi crítico. Hai que facer o mesmo co público de danza, por iso xa vos avanzo que a maoires da
incorporación a o proxecto que vos vai presentar Félix Fernández a continuación, a programación de abril traerá demais de espectáculos, encontros e charlas”.

Pola súa banda Félix Fernández, presidente da Asociación Colectivo RPM e Co-coordinador do Programa Residencias Paraíso dirixido por Caterina Valeria, quixo primeiramente agradecer ao concello esta aposta. “As Residencias Paraíso son unha serie de espazos en rede, de norte a sur da nosa comunidade galega que pode celebrarse grazas ao apoio da Axenci Galeda das Inndustrias Culturais AGADIC e a co producción dos Concellos de A Coruña, Santiago, Lugo, Carballo, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Fundación Cidade da Cultura de Galicia na vindeira convocatoria de 2023 , tamén o Concello de Pontevedra. O proceso é que cara principios de ano abramos o prazo de recepción de proxectos – o ano pasado por exemplo saíron 8 – e a partires de aí adoitan traballar sobre dúas ou tres semanas cunha asignación de entre 1000 e 1500€ por proxecto nos diferentes espazos adheridos. Logo ten lugar a apertura do proceso creativo ao
público, fanse actividades coa comunidade local deses espazos de acollida. Ás veces é un proxecto acabado e outras. A fraxilidade do proxecto é moi interesante e tamén achegar á xente a como se crean espectáculos. As Residencias permiten investigar na creación artística con esta cobertura e facilita que se poidan coñecer a danza, as artes vivas do movemento e esta linguaxe, ás veces denostada, por falta de coñecemento”

Fouces rematou a rolda apuntando que este será o primeiro ciclo de danza como tal. Sempre incluímos na programación algo pero isto será unha semana de espectáculos e actividades en torno á danza, combinado con 3 semanas de residencias. É un paso importante cara o apoio desta arte máis descoñecida que penso que vai sorprender á xente que se aproxime. Presentaremos o programa tan pronto estea definido”.

Está pasando!