Entrega dos XIX Premios de Educación | Concello de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño convoca a XX edición dos Premios de Educación

5 Xuño 2025

A iniciativa que cumple 20 anos contará con premios aos mellores expedientes que consisten en tres viaxes a Reino Unido e 14 lotes informáticos


O Concello de Salvaterra de Miño ven de convovar os XX Premios de Educación 2024/2025, unha iniciativa pioneira, xa que este concello foi dos primeiros en levala a cabo.

A iniciativa dos ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceu co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes, chegando este ano á súa vixésima edición.

Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na procura de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábito que marcará o seu futuro e que os poñerá en valor como persoas e profesionais.

Nese sentido é importante outorgarlles valores como os que este tipo de convocatorias pretenden incentivar tales como o esforzo, loita, ou superación; nun mundo de cada vez máis competitivo, difícil e incerto. Por todo iso dende o Concello consideran necesario continuar mantendo este tipo de iniciativas.

Para esta convocatoria como en edición anteriores toman parte o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra de Miño (CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares), en todos os seus finais de etapa e establécense como premios: Catorce lotes informáticos compostos por unha Tablet con funda, memoria micro SD e auriculares bluetooth 64gb, para o alumnado do 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura, FP básica, 4º da ESO do IES Salvaterra así como para o alumnado de 6ª de Primaria de cada un dos tres centros educativos de Primaria do Concello.

Para o alumnado de 2º de Bacharelato concederanse tres bolsas de estudos que consistirán nunha viaxe de dúas semanas a Reino Unido durante o verán, na localidade de Brighton ao obxecto entre outros de perfeccionar a lingua inglesa así como a inmersión na cultura e que inclúe: viaxe de ida e volta en vós directos dende Galicia, aloxamento en familia, curso de inglés Xeral de 2 semanas, material escolar, certificado de asistencia, actividades, tarxeta de transporte e seguros…

A entrega dos mencionados premios terá lugar tras a finalización de todos os cursos e etapas, en datas que serán anunciadas no seu momento e levarase a cabo no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño.

Está pasando!