O Concello de Salvaterra de Miño organiza o obradoiro ‘Teatro en Igualdade’

1 Marzo 2025

A Concellería de Igualdade do Concello de Salvaterra de Miño anuncia para o mes de marzo a celebración dun taller de teatro de igualdade totalmente gratuíto, dirixido a tódalas persoas interesadas en explorar a creatividade e promover a igualdade de xénero a través das artes escénicas.

‘Teatro en Igualdade’ busca ofrecer un espazo onde os e as participantes poidan expresar as súas ideas e sentimentos sobre a igualdade, a diversidade e o empoderamento. A través de dinámicas de grupo, exercicios de interpretación e actividades creativas, os asistentes aprenderán a traballar en equipo e a comunicar mensaxes poderosas que fomenten a igualdade.



Este obradoiro que forma parte das accións enmarcadas na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade rematará en xuño coa posta en escena dunha obra froito do traballo destes próximos meses e así crear xuntos unha peza relacionada coa igualdade.

As prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribirse con antelación. Para máis información e para realizar a inscrición, as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico [email protected]

Está pasando!