O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha o seu programa anual de actividades de inverno

15 Outubro 2020

Este ano sen dúbida veñen marcadas pola alerta sanitaria e o marco complexo que atravesa todo o país, por iso hai que establecer os protocolos adecuados para facer que sexan unhas actividades seguras para tod@s.

Existe unha gran diversidade temática na oferta de este inverno, xa que os nosos veciñ@s poderán aprender dende manexar o DNI ELECTRÓNICO e CERTIFICADOS ELECTRÓNICOS ata facer un curso de CARRETILLEIRO ou sacar o título de MONITOR DE TEMPO LIBRE, entre moitos outros.

Ademais  tamén existe a posibilidade de levar a cabo a aprendizaxe de outras expresións artísticas coma poden ser a FOTOGRAFÍA CREATIVA ou a PAPIROFLEXIA, etc.

Outra novidade moi interesante e práctica a nivel social é o curso presencial de LINGUA DE SIGNOS, sen esquecer tamén a saúde co tradicional curso de DIETÉTICA.

CARTAZ CURSOS 2020/21

Por estas e outras actividades, dende o Concello anímanvos a que este inverno sexa productivo e participedes de toda esta variedade, facendo as inscricións na web do Concello  http://concellodesalvaterra.sedelectronica.gal/info

Está pasando!