O Concello de Salvaterra de Miño presenta a programación da Festa do Viño do Condado do Tea, adaptada á normativa COVID

4 Agosto 2021

A pesares da situación sanitaria que restrinxe de forma considerable a celebración de diversos actos que son a insignia do municipio, o Concello de Salvaterra de Miño non quere deixar pasar a ocasión para celebrar a súa festa por excelencia, a Festa do Viño do Condado do Tea, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, totalmente adaptada a normativa COVID.

Deste modo a conmemoración da festa este ano xirará en base a cinco grandes piares, a cata ‘Á procura dos viños deliciosos do ano’, o Tunel do Viño, catas comentadas , visita ás adegas e concertos.

As actividades desenvolveranse os días 27, 28 e 29 de agosto. Así o túnel do viño arrancará o venres pola mañá ata o domingo, nas instalacións do Museo da Ciencia do Viño, durante ese fin de semana os participantes poderán degustar os viños das 27 adegas que participan da subzona do Condado do Tea  e dos espumosos da DO Rías Baixas. Durante os mesmos días todos aqueles que queiran poderán desfrutar das catas comentadas que ofrecerán 14 das adegas participantes na Casa do Viño.

Tamén nesa fin de semana seis adegas que participan na Festa ofrecen a posibilidade de visitas as súas instalacións con degustación de viño incluída.

Todas as persoas que queiran participar nalgunha das actividades que se realizan en torno a Festa do Viño do Condado do Tea terán que inscribirse.

E o sábado 28 levarase a cabo a cata á procura dos viños deliciosos do ano.

Este ano tampouco faltará a música arredor das celebracións, así o venres teremos o concerto da Banda Crebinsky, o sábado estará con nos Susana Seivane e o domingo pecharemos con A Roda, os concertos celebraranse na praza do Concello.

Unha programación ampla e variada,  de acordo coas restricións sanitarias vixentes.

Adegas participantes Festa do Viño do Condado do Tea 2021:

  • Adegas Viña Nora
  • Jose Araujo Peña
  • Adega Fillaboa, S.A.
  • Señorio del Sobral, S.L.
  • Pazo San Mauro, S.A.
  • Pazos de lusco, S.L.
  • Bodegas As Laxas, S.A.
  • Bodegas Marqués de Vizhoja, S.A.
  • Adega María Bargiela
  • Adegas Laval
  • Señorio de Rubiós
  • Pazo Pondal
  • Eido Sela
  • Abadía de Tortoreos
  • Vinicola del Miño
  • Adega Veira Aral
  • Adega Adral
  • Adegas Galegas
  • Finca Garabelos
  • Pazo As Barreiras
  • Valtea
  • Genaros
  • Pazo Pegullal
  • Eido da Fonte
  • Adegas Gandara
  • Terras do Sur
  • Trico

Está pasando!