O Concello de Salvaterra de Miño presenta os cursos para maiores que serán impartidos no Centro Social do Maior en Leirado a partires do mes de  outubro

2 Setembro 2021

As actividades realizaranse no antigo Consultorio Médico de Leirado que este equipo de goberno rehabilitou e dotou co fin de adecuar esta instalación ás necesidades actuais, ademais de  crear un centro social para maiores que sexa un referente para eles onde se poidan reunir, onde poidan convivir, crear lazos de unión e realizar diversas actividades enfocadas en exclusiva para eles.

O centro conta cunha sala multiusos, un despacho, unha biblioteca e unha sala de reunións.

As actividades levaranse a cabo tendo en conta todos os protocolos COVID e abrirán a súa inscrición do 20 ao 30 de setembro.

Realizarase un curso de novas tecnoloxías, onde se ensinará a utilizar diversas aplicacións a través do móbil, se farán  talleres de memoria, con orientación á realidade e exercicios específicos, talleres de manualidades, xogos de mesa ou paseos en compaña; en definitava actividades que buscan incentivar a socialización entre os máis maiores e construir lazos entre eles.


Está pasando!