O Concello de Salvaterra de Miño volve organizar a tradicional fogueira e sardiñada de San Xoán na noite máis corta e máxica do ano

14 Xuño 2023

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño organiza a fogueira e sardiñada de San Xoán, e anima a todos os seus veciños e veciñas a desfrutar todos xuntos.

A celebración terá lugar a noite do venres 23 de xuño no Recinto Amurallado.

A partir das 22.00 horas comezará o evento no cal, ao igual que en anos anteriores, se poderán degustar sardiñas asadas, pan e viño, mentres se desfruta dunha velada agradable e de música ambiental, na noite máis corta e máxica do ano.


Está pasando!