Cadro de Manuela Martínez, alumna do Centro de Arte de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo homenaxea aos seus grupos de música tradicional no Día das Letras Galegas

7 Maio 2025

O programa previsto para ese día contará con actividades pola mañá e pola tarde na Praza do Pazo e no Auditorio Emilia Pardo Bazán


O Día das Letras Galegas está adicado este ano ás cantareiras e a poesía popular oral e, aproveitando a data, o Concello de Sanxenxo homenaxeará aos seus grupos de música tradicional: Os Gatiños, Abiñadoira, Soalleira, Lembranzas, Airiños e Os Cruceiros.

Durante o acto que terá lugar o 17 de maio, ás 18 horas, no Pazo Emilia Pardo Bazán, poñerase en valor a labor que levan realizando estes colectivos locais cunha presentación e, a continuación, unha actuación de cada grupo. “Queremos homenaxear nese día as nosas pandereteiras e poñer en valor o talento local”, asegura Elena Torres, concelleira de Cultura e Eventos.

Previamente, lembrarase a traxectoria e legado das cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama de Cerdeda; Eva Castiñeira Santos de Muxía e das integrantes das Pandereteiras de Mens Malpica (Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda).

O cantautor tradicional Manoele de Felisa tamén actuará cunha canción adicada as cantereiras. O acto rematará co canto do Himno Galego.



Sanxenxo vivirá unha intensa xornada co gallo das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio. A programación arrancará pola mañá, ás 12 horas, na Praza do Pazo, coa entrega de premios do XXII Certame Literario Os Picariños, Premios Mestre Hermida, organizado polo Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo.

O acto conducido pola escritora novel de Bordóns, Tania Poza, rematará coa actuación musical Acordeireta.

No cartel da programación das Letras Galegas aparece unha imaxe dun cuadro de Manuela Martínez, alumna do Centro de Arte de Sanxenxo, onde se ve en primeiro plano unhas mans tocando a pandeireta.

Está pasando!