O Concello de Pontevedra inaugurará este domingo a nova skatepraza de Raíña Vitoria cunha Festa do Patín

15 Novembro 2022

O Concello de Pontevedra celebrará este domingo, 20 de novembro, a Festa do Patín que servirá como inauguración da nova skatepraza de Raíña Vitoria. No caso de mal tempo, a festa terase que adiar para outra data.

Está programada unha xornada completa de actividades pensada tanto para afeccionados ao skate como para as familias que se queiran achegar a ver a práctica deste deporte federado e olímpico.

As inscricións faranse no mesmo momento para facilitar a participación de todas as persoas que se acheguen.

De 09.30 a 10.45 horas está prevista a inscrición para a skate olimpíadas. Serán 3 ou 4 probas de skate por equipos para idades entre os 5 e os 10 anos, a nivel básico e iniciación.

Estas olimpiadas comezarán ás 11.15 horas e ás 13.45 será o sorteo de agasallos para os participantes.

Pola tarde está previsto a celebración dun “Open best trick” que comezará coa apertura das inscricións de 15.30 a 16.45 horas.

Ás 16.45 horas comezará o quecemento dos participantes e as probas comezarán ás 17.30 horas. Haberá agasallos por quendas para os mellores trucos (best trick) en tres elementos do skatepraza: branda, caixón e plano inclinado, en quendas de 8 ou 10 skaters por spot.


Está pasando!