O detido e o cotián reúnen na Sala X dez artistas formados na facultade de Belas Artes

28 Novembro 2020

A exposición ‘Arredor do parado’ insírese no 30 aniversario de Belas Artes e poderá contemplarse na Sala X en visitas guiadas semanais insírese no 30 aniversario de Belas Artes e poderá contemplarse na Sala X en visitas guiadas semanais.

Esta mostra colectiva, coa que a Sala X retoma a súa actividade, insírese na conmemoración do 30 aniversario da facultade e, con ese motivo, ten tamén como “obxectivo fundamental establecer un diálogo interxeracional”, traendo de novo a Belas Artes a egresados e egresadas de diferentes promocións, co propósito de amosar “a diversidade de traxectorias e vertentes profesionais dos distintos alumnos e alumnas”, como salientou Vázquez, comisaria da exposición e tamén ex-alumna da facultade.

Alberto Ardid, Iria Cortizo, Rosendo Cid, Sara García, Olmo Cuña, Rosa Neutro, Roi Fernández, Cillas Rodríguez, Berio Molina e a propia Iria Vázquez son as e os protagonistas dunha exposición que abriu o xoves as súas portas por primeira vez e que este venres celebraba a súa presentación.

A coordinadora da Sala X e desta exposición, Chelo Matesanz, engadiu que “sempre é un pracer recibir a xente da casa” e explicou que Arredor do parado é a primeira actividade dun ciclo aos que proxectan sumar nos próximos meses novas propostas expositivas, coloquios e outra serie de actividades. Dada a situación sanitaria, a exposición poderá contemplarse nas visitas guiadas que se organizarán os martes ás 12.30 horas, sendo necesario realizar unha reserva previa no correo sdfba@uvigo.es

Está pasando!