O Divercocido, iniciativa municipal de actividades para a cativada no marco da LVI Feira do Cocido de Lalín, terá lugar esta fin de semana na carpa do Campo da Feira

18 Xaneiro 2024

O Divercocido, unha proposta do Concello de Lalín para os máis cativos no marco da LVI Feira do Cocido, conxuga desfile de Don Cocho, música infantil, xogos populares e obradoiros nunha edición que se iniciará venres 20 de xaneiro pola tarde.

As actividades, todas gratuítas, terán lugar na carpa do Campo da Feira, coa colaboración da Deputación Pontevedra.

A programación do Divercocido 2024 é a seguinte:

Venres 19 de xaneiro

  • 17.00 horas. Saída do pasacalles a cargo de Luchi: Don Cocho.

Sábado 20 de xaneiro

  • 12.00 h. Comezo da xornada con xogos populares.
  • 12.45 h. Concerto de Peter Punk e Brais das Hortas.
  • 16.30 h. Xogos populares.
  • 17.00 h. Espectáculo Superharte: ‘Patty Difusa’.
  • 18.00 h. Obradoiro e saída do pasacalles a cargo de Luchi: Don Cocho.
  • 19.00 h. Espectáculo Píscore: ‘Concerto con Fusión’.

Está pasando!