O Entroido de Cobres celebra a súa edición ‘máis especial’ co obxectivo de converterse en Festa de Interese Turístico Nacional

24 Febreiro 2025

Unha nova cita co Entroido de Cobres, festa decladarada de Interese Turístico de Galicia, terá lugar do 1 ao 4 de marzo en Cobres, Vilaboa.

O inicio oficial das celebracións tivo lugar este sábado 22 de febreiro cun percorrido no que as Madamas e Galáns presentaron o Entroido polos barrios vilaboeses.

O chamado actualmente Entroido de Cobres, pero que tamén se denominou Antroido dos Cobres, do cal os personaxes principais son as madamas e os galáns, non ten unha orixe temporal definida, se ben sabemos que o fenómeno das madamas e galáns estendíase pola Ría de Vigo, pero que sólo en Cobres continúa.

Este Entroido tradicional que se celebra anualmente dende o sábado ata o martes de entroido nas parroquias de San Adrián e Santa Cristina de Cobres, e que ten como colofón a Corrida do Galo que se desenvolve o martes pola tarde na explanada de Riomaior xunto á Casa da Cultura, posúe para os veciños de Cobres un valor incalculable que queren compartir con todo aquel que desexe visitalos nas datas sinaladas.



O valor cultural da festa ven dado por moitos dos factores, os primeiros dos cales son a súa antigüidade e a súa continuidade a través do tempo. É agora o momento de falar doutros dous factores fundamentais, a orixinalidade que ven da man dos traxes dos seus personaxes principais, y por outra a diversidade dos actos que compoñen o festexo que dura 4 días, dende o sábado ata o martes de Entroido.

Non podes perderte este evento, que aspira a ser declarado Festa de Interese Turístico Nacional, onde cultura, tradición, baile e moita diversión se misturan para o disfrute do público que se achegue a Vilaboa nesas datas.

A programación do Entroido de Cobres 2025 é a seguinte:

Sábado 1 de marzo

  • 10:00 – 19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 22:00h. Gran Festa de Apertura co GRUPO CLAXON e TRÍO TIC TAC

Domingo 2 de marzo

  • 10:00 – 19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 22:00h. Festa a cargo de TRÍO LA NOCHE

Luns 3 de marzo

  • 10:00 – 19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 21:30h. Luns de MAGHACHOS coa ORQUESTRA FUEGO e DÚO PRISMA

Martes 4 de marzo

  • 10:00 – 13:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 13:00h. Sesión vermú amenizada polo DÚO LOS DINÁMICOS
  • Haberá comida: polbo, churrasco, …
  • 16:30h. CORRIDA DO GALO presentada por ISI da TVG
  • Bailará o ENTROIDO, haberá GALO no río e na vara, concursos, predicadora LETI DA TABERNA, queima do GALO e gran tirada de fogos de artificio
  • FANFARRIA FURRUXA ameniza trala queima do Galo
  • REMATE DE FESTA con DJ GABRY
Está pasando!