Presentación do Entroido de Cobres 2024| © Concello de Vilaboa

O Entroido de Cobres crea dous QR para seguir o programa en tempo real

19 Xaneiro 2024

O Concello de Vilaboa e a Asociación Cultural Cobres convidan a “ver e vivir” unha festa que encherá Vilaboa de tradición, de singularidade e de colorido do 10 ao 13 de febreiro


Arroupados polo alcalde de Vilaboa, César Poza e pola concelleira de Dinamización Económica, Carmen Gallego, membros da Asociación Cultural Cobres presentaron o 17 de xaneiro no Concello o programa do Entroido para este ano, unha edición que porá de relevo os valores máis emblemáticos deste festexo singular e único en Galicia botando man das novas tecnoloxías.

O cartel, coa nova imaxe e cores aprobada para esta nova andaina do Entroido de Cobres na que aspira a conseguir a catalogación como Festa de Interese Turístico Nacional, conta con dous códigos QR que facilitarán o seguimento das actividades en tempo real. Un deles permite o acceso directo á web específica do Entroido e o outro permitirá a calquera que queira vivir esta festa a saber en tempo real onde estarán danzando as madamas e galáns a través de WhatsApp.



Martín Duarte, presidente da Asociación Cultural Cobres, matizou durante a presentación a diferencia entre “ver e vivir” o Entroido de Cobres. Para a primera opción o momento ideal será o martes 13 de febreiro, xornada grande dos festexos, na que ademáis do percorrido polos barrios haberá sesión vermú e pola tarde a Corrida do Galo presentada polo televisivo Isi e como predicadora Leti da Taberna, creadora de contido en galego cun importante número de seguidores nas súas redes.

“Pero quen queira vivir o Entroido ten que participar no percorrido que facemos do 10 ao 13 de febreiro por todos os barrios”, apuntou Martín Duarte. Arredor de 80 danzantes, con idades comprendidas entre os 5 e os 35 anos, adican o día enteiro a percorrer a pé coas danzas e coloridas vestimentas cada unha das localidades de Cobres en Vilaboa. “Eso haino que ver, a cara coa que nos recibe a xente; como nos abren as portas das súas casas”, insiste Duarte. César Poza convida tamén a participar directamente nesta parte máis interna do Entroido. “Calquera de fóra sentirase parte desta Festa a través dos propios recordos que as danzas despertan entre as persoas residentes en cada zona”, conclúe. Na organización do Entroido, xunto ao nutrido grupo que percorrerá as parroquias, está outro de veteranos, con idades máis maduras, que traballan na recuperación de danzas tradicionais e que poñerán en escena o martes 13 na carpa da Festa.


Entroido de Cobres | © Asociación Cultural Cobres Vilaboa

Así, a programación do ENTROIDO DE COBRES 2024 é a seguinte:

Sábado 10 de febreiro

  • 10:00-19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 22:00h. Gran Festa de Apertura con TRÍO TIC TAC, AMÉRICA DE VIGO e DJ CHARLIE

Domingo 11 de febreiro

  • 10:00-19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 22:00h. Festa a cargo de TRÍO LA NOCHE

Lunes 12 de febreiro

  • 10:00-19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 21:30h. Luns de MAGHACHOS con TRÍO DIGITAL e ORQUESTRA SAUDADE

Martes 13 de febreiro

  • 10:00-13:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 13:00h. Sesión vermú amenizada por TRÍO DIGITAL. Haberá comida: polbo, churrasco, …
  • 16:30h. CORRIDA DO GALO presentada por ISI da TVG. Bailará o ENTROIDO, haberá GALO NO RÍO E NA VARA, concursos, predicadora LETI DA TABERNA, QUEIMA DO GALO e gran tirada de fogos de artificio.
  • REMATE DE FESTA con DJ GABRY
Está pasando!