O Entroido de Vilagarcía arranca mañá sábado cun vistoso e colorido espectáculo de rúa da compañía Nelson Quinteiro que, a modo de pasacalles, percorrerá as rúas peonís o sábado a mediodía

17 Febreiro 2023

  • As actividades de Entroido programadas polo Concello de Vilagarcía arrancan esta fin de semana para ir quentando motores
  • Co obxectivo de facer visible o regreso de Don Carnal á cidade e ir creando ambiente para os vindeiros días, a Concellería de Xuventude organiza un vistoso e colorido espectáculo de rúa da compañía Nelson Quinteiro que, a modo de pasacalles, percorrerá as rúas peonís o sábado a mediodía
  • As máscaras regresarán á Praza da Peixería o luns pola tarde co tradicional Baile Infantil de Entroido no que, ademais de animación musical, baile e obradoiros de maquillaxe, daranse agasallos aos nenos e nenas que leven os mellores disfraces

Cinco bailaríns da compañía Nelson Quinteiro, ataviados con vistosos traxes e máscaras inspirados na tradición popular e o Entroido galego percorrerán as rúas do centro da cidade o sábado 18 co pasarrúas ‘Trad Cabaré de Entroido’, representando animadas coreografías aderezadas ao estilo do cabaret e con técnicas teatrais.

desfile comezará ás doce do mediodía na Praza da II República e pasará polas rúas Rey Daviña, Praza de Galicia, Praza de España, Edelmiro Trillo, Praza da Independencia, Arapiles, Ravella, Ramón y Cajal, A Baldosa e a Alameda para rematar de novo ante o Auditorio ao redor das 13.30 horas.

E o día dedicado ao máis pequenos encherá de bulicio a Praza da Peixería o luns 20 a partir das cinco da tarde. A Duendeneta porá o fío musical ao baile infantil de Entroido no que ademais de bailar e xogar, os nenos e nenas de poderán participar nun obradoiro de pintacaras para maquillarse de xeito carnavalesco e tamén poderán optar aos agasallos que a Concellería ofrecerá aos mellores disfraces na modalidade individual, de parellas e de grupos (de entre 3 e 20 membros).

concurso está dirixido a nenas e nenas de 3 a 11 anos que, para participar, deberán inscribirse no recinto. Será un xurado presente na festa o que elixa aos gañadores dos tres premios. As bases que regulan este concurso poden consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.gal

A continuación detallamos a programación do Entroido 2023 en Vilagarcía:

SÁBADO 18 FEBREIRO

  • 12.00 – 13:30 h. Rúas de Vilagarcía. Pasarrúas ‘Trad Cabaré de Entroido’. Compañía: Nelson Quintero.

SÁBADO 18 FEBREIRO

LUNS 20 FEBREIRO

  • 17.00 – 20.00 h. Praza da Peixería. Baile Infantil de Entroido. Actividades drxidas a familias con menores e máis de 3 anos. Inscrición concurso disfraces: praza da Peixería a partir das 17.00 horas. Entrada de balde.

MARTES 21 FEBREIRO

  • 17.00 – 20.00 h. Polas Rúas de Vilagarcía. Desfile de Entroido. Saída de rúa Alexandre Bóveda pasando pola rúa A. Cerecedo, avda. Doutor Tourón, praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijoo, praza da Independencia, San Roque, intersección rúa Cervantes, avda Juan Carlos e remate en Ravella (Concello). Os premios dranse a coñecer ao remate do desile, sobre ás  20.30 horas na praza da Peixería.

VENRES 24 FEBREIRO

  • 20.00 h. Centro Sociocultural de Vilaxoán. Festival de Comparsas.

SÁBADO 25 FEBREIRO

  • 19.00 h. Vilaxoán. Tradicional Enterro da Sardiña. Saída ás 19.00 horas da Lonxa de Vilaxoán. Colabora: Concellaría de Cultura.

SÁBADO 25 FEBREIRO

  • 24.00 h. Gato Negro en Carril. Baile de Piñata. Con Will Discomóvil. Patrocina: Concellaría de Cultura. Só para socios. +info. facebook/gatonegro.

DOMINGO 26 FEBREIRO

  • 17.00 – 20.00 h. Centro Sociocultural de Vilaxoán. Festival Infantil. Colabora: ANPA Colexio Vilaxoán.

DOMINGO 26 FEBRERO

18.00 h. Carril. Tradicional Enterro da Sardiña. Saída ás 18:30 horas dende O Gato negro. Colabora: Concellaría de Cultura. +info. facebook/gatonegro.

DOMINGO 5 DE MARZO

  • 17.00 h. Salón de Actos do Auditorio. Festival de Comparsas. Entrada de balde ata completar aforo.

Está pasando!