O Entroido online de Marín arranca coas comparsas Os Paparrulos e Os da Caña

12 Febreiro 2021

Este mediodía arrancou o Entroido online de Marín coa publicación do primeiro vídeo nas redes sociais e na canle de Youtube do Concello.

A actriz Mayka Braña visitou, xunto con representantes das comparsas de Marín, Os Paparrulos e Os da Caña, a exposición que acolle o Museo Torres dos traxes máis emblemáticos usados nos desfiles.

No vídeo, a actriz entrevista ás comparsas, que contan todo o traballo que hai detrás da preparación do vestiario, dos números de baile, dos desfiles… E, sobre todo, toda a paixón que se lle pon á preparación dos Entroidos.

Desde hoxe, todos os días, un vídeo novo nas redes sociais e na canle de Youtube!

+info. en concellodemarin.es

Está pasando!