O espazo GranerO Delmas acollerá desde este sábado, a exposición ‘Biografías pintadas’, de Gloria Loizaga

21 Outubro 2021

‘Biografías pintadas’, de Gloria Loizaga, xorde como homenaxe ás persoas, ó corrente, enxalzando a beleza do cotián. Os retratos máis fieis ó físico dan paso a outros onde se adiviñan as emocións alén dos xenes.

Pinturas que apostan pola representación do misterio nunha orde de realidades distinta ás tanxibles.

Esta mostra acolle os últimos traballos da artista.

A exposición poderase visitar en GranerO Delmas (Galerías Oliva, 2 bis local 15, Pontevedra) desde o 23 de outubro ata o 17 de novembro.

O recén inaugurado GranerO Delmas, é un espazo dedicado á creación. Un coworking para artistas ademais de un espazo de arte ou galería.

A inauguración, presentada por Antón Sobral e con Esperanza Natalia dando a benvida tocando a zanfona, terá legar o sábado 23 de outubro, a partir das 18:30 horas. A continuación, servirase un viño español.

Está pasando!