‘Circo de Lume’ | © AsacoCirco

O espectáculo ‘Circo de lume’ chega á Praza do Reló da Guarda o martes 3 de xaneiro

2 Xaneiro 2023

  • O ‘Circo de lume’ muda de emprazamento e terá lugar o martes 3 de xaneiro ás 18:00 horas na Praza do Reló
  • A Cabalgata de Reis Magos terá lugar o xoves 5 de xaneiro con percorrido polas parroquias, no casco urbano e recepción na Casa dos Alonso

O Concello da Guarda remata esta semana a programación de actividades do Nadal con circo e a visita dos Reis Magos.

Como prato forte da programación do Nadal este martes día 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo ‘Circo de lume’, da compañía Asacocirco na Praza do Reló ás 18:00 horas.

‘Circo de lume’ é un espectáculo de pura acción para tódolos públicos. Con emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofagia, humor e trato directo co público. Interpretado por Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con más de 13 años de adestramento, conclúen nun espectáculo de efectos visuales impresionantes.

O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as rúas da Guarda para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.

A Cabalgata de Reis chegará na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.

A proba de obstáculos en familia ‘A Guarda Family Kids’, na Alameda ás 16:30 horas, que pechará a programación o día 7 de xaneiro.

Xa para pechar a programación do Nadal, o domingo día 8 de xaneiro ás 11:00 horas terá lugar a Carreira San Silvestre, un evento que se tivo que aprazar debido á climatoloxía adversa. Cunha distancia de 4 quilómetros, sairá dende a Praza de Avelino Vicente para percorrer diferentes puntos do noso municipio.

PROGRAMACIÓN:

Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda

  • Carteiros do Nadal. Días 3 e 4 de 17:00 a 20:00 horas. Día 5 de 11:30 a 14:30 horas

Martes 3 de xaneiro na Praza do Reló

  • Circo de lume ás 18:00h

Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda

  • Cabalgata e visita dos Reis Magos

Sábado 7 de xaneiro ás 17:00 horas na Alameda

  • A Guarda Family Kids

Domingo 8 de xaneiro ás 11:00 horas

  • Carreira San Silvestre

Está pasando!