O Festival da Poesía no Condado chega á 35ª edición este ano 2023

31 Agosto 2023

O festival organizado por SCD Condado conta con actuacións musicais ademais de actividades infantís, feira de artesanía, fútbol e poesía


O recinto amurallado de Salvaterra de Miño acolle este sábado 2 de setembro o 35 Festival da Poesía no Condado organizado por SCD Condado e cunha programación onde destacan as actuacións de Sés, Dakidarría, Berto, Caldo, Banda Xangai ou Fillas de Cassandra.

A programación do festival inclúe tamén outras actividades que se realizarán durante todo o día do festival, como a proxección da película ‘Black is Beltza II: Ainhoa’, xunto ao seu director Fermín Muguruza, e unha festa infantil que contará co espectáculo de Peter Punk.

Os horarios dos concertos son os seguintes:

  • 13:45 h. Berto – Sesión vermú – Escenario Porta da Oliva
  • 19:45 h. Caldo – Escenario Porta da Oliva
  • 21:45 h. Fillas de Cassandra – Escenario principal
  • 23:00 h. SÉS – Escenario principal
  • 01:00 h. Dakidarría – Escenario principal
  • 03:00 h. Banda Xangai – Escenario principal

Está pasando!