O día máis curto co FICBUEU (2016) | © FICBUEU

O Festival Internacional de Cinema de Bueu celebra o día máis curto do ano con proxeccións de curtametraxes

19 Decembro 2022

O mércores 21 de decembro, o FICBUEU programará de balde dúas sesións no Centro Social do Mar de Bueu, unha para público familiar e outra para o adulto


O mércores 21, solsticio de inverno e día con menos luminosidade, era a data máis sinalada da chamada Saturnalia, unha festividade romana na que se celebraba o fin dos días máis curtos do ano, e que acabou derivando no actual Nadal.

O FICBUEU retoma este decembro unha actividade que xa levara en cabo en anos anteriores e na que propoñen sesións de proxeccións para todas as idades no Centro Social de Bueu. A iniciativa contribúe á difusión do formato curtametraxe e do cinema galego e internacional, sumándose aos obxectivos da campaña ‘El día más corto’ que promove a Coordinadora Nacional del Cortometraje.


As proxeccións, con entrada de balde, realizaránse ás 18:00 horas (sesión curtas en familia) e ás 20:00 horas (sesión para personas adultas), incluíndo curtametraxes de todo tipo onde primará o ton humorístico e festivo:

Sesión familiar – 18:00h – Centro Social do Mar 

  • The best orchestra in the world – Henning Backhaus (Australia, 13 min)
  • Brotar – Montse Piñeiro e Rubén Abad (España, Galicia, 3 min)
  • Merry, grandmas – Natalia Mirzoyan (Rusia, 8 min)
  • The little thief – Nicole Vanden Broeck (Reino Unido, 3 min)
  • The bear who swallowed a fly – Pascale Hecquet (Bélxica, Francia, 7min)
  • Mondo domino – Suki (Francia, 6 min)
  • Carolina e o corvo de ás brancas – CEIP do Hío (7 min)
  • Oso atrapabolboretas – CEIP A Pedra (5min)

Sesión adulta – 20:00h – Centro Social do Mar 

  • Handbook for a privileged european woman – Alma Buddecke (Alemania, 10 min)
  • The adventures of Gloria Scott – Matija Pisacic e Tvrtko Raspolic (Croacia – Serbia, 15 min)
  • Ficciones – Alejandra Kikidis e Teo Planell (España, Madrid, 15 m
  • Reality – David Fidalgo Omil (España, Galicia, 8 min)
  • Ascenso – Juanjo Giménez (España, Cataluña, 15 min

Para asistir ao evento só será preciso retirar o convite no despacho de billetes do Centro Social do Mar que estará aberto unha hora antes do evento.

A organización ofrecerá ademais chocolate quente ao público que presente a súa entrada.

Está pasando!