O Festival O son dos arrieiros da Estrada presenta un cartel de rock 100% galego

28 Setembro 2021

O son dos arrieiros da Estrada súmase este ano ao circuíto galego de festivais de música cun programa de rock 100% galego, que se desenvolverá na Fundación de Exposicións e Congresos desta localidade pontevedresa na fin de semana do 29 e 30 de outubro.

Trátase dun festival integramente galego, tanto a nivel artístico como técnico, así como a calidade da súa oferta con nomes como Novedades Carminha, Bala, Heredeiros da Crus, Agoraphobia, Terbutalina e Señora DJ.

A proposta de O son dos arrieiros, ideada como un festival de mediano formato e cunha capacidade fixada inicialmente nunhas 550 persoas, está fundamentada no rock, dentro do que abrangue moi diferentes estilos, ademais de ter en conta a perspectiva de xénero con bandas integramente femininas como Bala e Agoraphobia e a sesión de Señora DJ, quen picará música feita, cantada e tocada por mulleres.

O venres 24 activouse na web Ataquilla.com a venda de 100 abonos de fidelidade, mentres que as localidades por día poderán adquirirse a partir do 1 de outubro, data na que se desvelará tamén o calendario detallado das actuacións.


Está pasando!