Presentación do Revenidas 2023 | © Festival Revenidas

O Festival Revenidas, que se celebrará do 7 ao 10 de setembro en Vilaxoán, fixo onte a súa presentación oficial

1 Setembro 2023

En menos dunha semana os escenarios de Vilaxoán estarán funcionando a pleno rendemento


Un cartel con artistas como Ana Tijoux, Rodrigo Cuevas, o concerto especial XX aniversario de Dakidarría, Ska-P, Zoo, Heredeiros da Crus, Lamatumbá, The Rapants, Sheila Patricia, e unha variada programación paralela para todos os públicos: concertos A Bordo, roteiro musicado pola Vila, actividades de balde o domingo no Parque de Dona Concha, e Sardiñada.

O alcalde, Alberto Varela, asisitiu ao acto de presentación do Revenidas no que participaron o director do festival Xoan Quintáns, o director de Turismo da Xunta, Xosé Manuel Merelles, a deputada provincial, Nava Castro, o director da Agadic, Jacobo Sutil e a artista, Sheila Patricia.



O Revenidas comezará o xoves 7 de setembro coa presenza de dous dos grandes nomes de referencia da nova escena latinoamericana como son Panteón Rococó Ana Tijoux, con Desakato (que ofrecerán en Vilaxoán o seu derradeiro concerto antes de despedirse como banda o 11 de novembro), a combativa activista feminista arxentina Sara Hebe, a gañadora do concurso Sonmidos Mans HYDN, o festivo colectivo madrileño de cumbia-punk, rap e electrónica Tremenda Jauría, The Skarnivals, Arrythmia e A Duendeneta.

A segunda xornada do festival, a do venres 8, reunirá aos valencianos Zoo, a gran revelación da música galega deste 2023, Fillas de Cassandra, aos tamén valencianos e igual de comprometidos Los Chikos del Maíz, o principal expoñente da música electrónica en euskera, Zetak; o novo grupo de Evaristo Calvo, Tropa do Carallo; Sheila Patricia, La Regadera, Rebeliom do Inframundo e A Duendeneta.

O sábado 9 de setembro o Revenidas recibe a Ska-P, que ofrecerán en Vilaxoán o seu único concerto en Galicia deste ano. Ese mesmo día terá lugar o concerto especial do XX Aniversario de Dakidarría, con feixe de artistas convidados e que será gravado para se converter no primeiro disco en directo da banda do Val Miñor. Completan o cartel do sábado o músico asturiano Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus, La Élite Lamatumbá, Nativa, Kiza, O Rabelo, Familia Caamagno, Mondra, The Rapants, Kris K Dj, Me Fritos and the Gimme Cheetos e A Duendeneta.

A xornada do domingo 10, na que se celebrará a tradicional sardiñada popular e a Gala de Circo Solidaria contará no musical coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, La Yaya Dj e Xosé Lois Romero e Aliboria, que serán os encargados de pechar o Revenidas 2023.

O Revenidas dará a coñecer en vindeiras datas os contidos e os protagonistas das actividades paralelas, entre as que figuran os concertos a bordo, a gala de circo, o roteiro comentado e os showcokings.

Todas as actuacións da xornada do domingo son de balde e con entrada libre.

Entradas e abonos á venda en revenidas.com

Está pasando!