O dúo Azúcar Moreno actuará no ‘Festivala’ o 26 de agosto | Cedida

Entre as artistas que o ‘Festivala 2023’ traerá a Vilagarcía atópanse Azúcar Moreno, Sés ou a actriz Isabel Risco

24 Agosto 2023

A asociación O Soño de Lilith en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía organiza a VII edición de ‘Festivala, Mulleres Creando’, cunha programación que se desenvolve do 19 de agosto ao 6 de setembro na capital arousá.

Coa celebración do 100 aniversario de Lola Flores, a organización quere reivindicar ás mulleres que ao longo da historia foron protagonistas das súas vidas e con poderío falaron libremente dos seus corpos, sentimientos e da súa sexualidade. Por iso, a temática de Festivala 2023 é o empoderamento erótico.



A programación da VII edición do ‘Festivala, Mulleres Creando’ é a seguinte:

  • Do 19 de agosto ao 4 de setembro. Praza de Galicia. Exposición ‘Festivala: Apoderamento e sexualidade’. Inauguración: sábado 19 de agosto ás 12:30 horas. Coa actuación de Ximena Rodríguez.
  • Venres 25 de agosto.
    • 20:30 horas. Pasarrúas Som do Sonho.
    • 22:00 horas. Praza da II República. Noite de Dj. Actuacións de La Yaya Dj e Señora Dj.
  • Sábado 26 de agosto. 11:00 a 21:30 horas. Praza da II República.
    • 11:00 h. Feira: sorteos, obradoiros de maquillaxes e máis sorpresas.
    • 13:00 horas. Sesión Vermú: actuacións de O Ravelo e As Lembranzas.
    • 20:30 horas. Concertos: Noelia Herédia ‘La Negri’, Sés, La Yaya e Azúcar Moreno. Presenta Isabel Risco.
  • Sábado 2 de setembro. 11:00 horas. Sala de conceferencias do Auditorio. Obradoiro: apoderamento e sexualidade. Intervén: Hadriana Ordóñez (psicóloga e sexóloga).
  • Mércores 6 de setembro. 21:00 h. Salón García. Proxección de ‘Venus, confesiones desnudas’. Cine Club Festivala.

Está pasando!