O filme “Ons” de Alfonso Zarauza chega a Pontevedra da man do Concello os días 21 e 22 de decembro

14 Decembro 2020

O filme “Ons” de Alfonso Zarauza chega a Pontevedra da man do Concello os días 21 e 22 de decembro ás 20:00 h.

A película do director galego, que non foi programada polas salas de proxección privadas da cidade, contará con dous pases no Teatro Principal de Pontevedra.

As entradas están xa á venda anticipadada en Ataquilla.com a un prezo único de 5,00 €. De non esgotarse, a billeteira permanecerá aberta ambos días de 18:00 a 19:00 h.

O pase do martes 22 contará coa asistencia do propio Zarauza para a presentación do filme e coloquio posterior.

Un matrimoio en crise, unha illa deshabitada e unha misteriosa muller náufraga.

Tras unha fonda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega xunto a súa esposa Mariña a unha remota illa atlántica coa intención de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a súa estadía e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor ata que tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller estranxeira aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.

  • Xénero: drama/misterio
  • Dirección: Alfonso Zarauza
  • Guión: Alfonso Zarauza e Jaione Camborda
  • Reparto: Melania Cruz, Antonio Durán ‘Morris’, Xúlio Abonjo, Marta Lado, Miguel de Lira, Anaël Snoek, Diego Anido, Cris Iglesias.
  • Duración: 87 min.
Está pasando!