O Galegote Rock recupera a súa esencia na súa décima edición

11 Abril 2022

O Galegote Rock volve aos locais de Pontevedra recuperando a súa esencia, logo de dous anos de pandemia. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña presentou o pasado venres a décima edición que se celebrará os vindeiros 28, 29 e 30 de abril cos obxectivos de poñer en valor “a nosa Lingua nos circuítos comerciais e nas salas onde a Lingua galega ten cabida con éxito”.

Lembrou que o Galegoterock “é unha aposta por programar música de calidade feita en galego e dende Galiza, porque a música de calidade tamén é en galego”.

O concelleiro destacou a calidade de todas as bandas participantes, pero especialmente a volta de Ruxe Ruxe que acompañou ao Galegote na súa primeira edición, así como a participación dos máis cativos do Local de Música a través do proxecto Xeración sónica.

A presentación do Galegoterock 2022 faise a través dun vídeo que recolle o espírito da xeración Xabarín “revindicando que somos de aquí, cunha forma de ser propia”.

Alberto Oubiña lembrou que os dez anos do Galegoterock son “dez anos para reivindicar a lingua e a música en galego”.

PROGRAMACIÓN:

Xoves 28 de abril

  • 20:00 h. O Grifón. Higw Paw
  • 22:0 h. El Pequeño. Copa Turbo

Venres 29 de abril

  • 20:30 h. O Diaño. Os Silvestres
  • 22:00 h. Sala Karma. Ruxe Ruxe

Sábado 30 de abril

  • 12:15 h. Tábula Rasa. Moucho.
  • 13:00 h. O Campiño de Santa María. Eladio y los Seres Queridos
  • 15:00 h. Praza Celso García de la Riega. Pinchada de Mulleres en Galego con Kris K Dj
  • 17:00 h. O Campiño de Santa María. Xeración Sónica
  • 18:30 h. O Diaño. Zeltia Irevire
  • 20:00 h. El Pequeño. Grampoder
  • 22:00 h. Sala Karma. Berto
  • 00:00 h. El Pequeño. Carlos Crespo Dj. Pinchada de Rock en Galego desde os 70 á actualidade

Está pasando!