A concelleira de Cultura co Grupo de teatro Dramiño | © Concello de Salvaterra de Miño

O grupo de teatro Dramiño estrea a obra ‘Unha cuestión de vida ou morte’, unha comedia de ultratumba

31 Agosto 2023

A obra escrita polo salvaterrense Ángel Vidal conta con 14 actores de Salvaterra de Miño e de Ponteareas


A Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acolle a vindeira semana a estrea da obra de teatro ‘Unha cuestión de vida ou morte, unha comedia de ultratumba. O grupo de teatro Dramiño formado por 14 mulleres e homes de Salvaterra de Miño e Ponteareas porá en escea a obra o venres 8 de setembro ás 21:30 horas.

Ángel Vidal de Salvaterra de Miño é o autor da obra que dirixe con outros membros da compañía Dramiño e da que achegan a seguinte sinopse: Ás veces un accidente pode levarte a traspasar a fronteira entre a vida e a morte. Pero é mellor tomalo cun pouco de humor. Un asasinato, unha investigación policial e uns seres doutro mundo. Estás convidado ao purgatorio!


Está pasando!