Christmas Special | © Broken Peach

O grupo vigués Broken Peach publica o seu novo single do Nadal

16 Decembro 2021

Din que o nadal do mundo comeza cando Abel Caballero inaugura a fabulosa iluminación de Vigo. Con todo, a pesar das luces, a noria, o carrusel e todo o aparato posible, aínda estaba por chegar o vídeo do Nadal de Broken Peach.

A banda cumpriu fiel á súa habitual cita nestas datas e volveuno a facer cunha das súas habituais revisións de clásicos norteamericanos. Nesta ocasión, deron un par de voltas a “Let it Snow”, canción escrita por Sammy Cahn, composta por Jule Styne e á que por momentos deixaron irrecoñecible.

Cunha estética moi coidada e unha escenografía do mais minimalista, os vigueses irradian enerxía e positividade, contaxiando á súa audiencia que xa contribuíu a superar a cifra de 60.000 visionados en tan só 24 horas.



Sobre Broken Peach

Broken Peach é unha banda viguesa de Rock&Soul fundada en 2010. Tras 11 anos de existencia visitaron todo tipo de escenarios: desde concertos privados, ata festivais internacionais, pasando por estudios de televisión ou eventos deportivos.

A súa canle de Youtube ten máis de 184.000 subscritores e nalgún dos seus vídeos conta mesmo con máis de 7 millóns de visualizacións (máis de 27 millóns en total). A súa estética grupal e extravagante adoita ser a “marca da casa” que lles caracteriza.

Está pasando!