I Raid Serra de Goba-Adegas Marqués de Vizhoja | © Concello da Guarda

O I Raid Serra de Goba-Adegas Marqués de Vizhoja celebrarase os días 25, 26 e 27 deste mes

15 Novembro 2022

  • Onte tivo lugar a presentación do I Raid Serra de Goba-Adegas Marqués de Vizhoja, que se celebrará a fin de semana do 25, 26 e 27 deste mes
  • O evento dará comezo o venres 25 de novembro en Santa María de Oia e terá a súa clausura o domingo 27 de novembro en Baiona

Como todos os anos chegarán equipos de diferentes comunidades autónomas, ao ser este Raid un dos que; como nos comentan os participantes ano tras ano; anotan na axenda en vermello para non perdelo por todo o que gozan na durísima carreira que terá unha duración de dous días.

Este ano, a diferenza das edicións anteriores, o noso raid disputarase por terras do Rosal, A Guarda, Oia e Baiona.

Por iso, a organización agraqdece a todas as comunidades de montes polas que se van a disputar as diferentes probas toda a súa colaboración e axuda para poder realizar un evento destas características.

O día 25 recibirase aos equipos e farase o briefing explicando en que consiste o Raid e dirémosvos todos os protocolos que habemos de seguir para o bo desenvolvemento da carreira, tanto para os corredores como para os organizadores. Neste mesmo día xa se poden recoller os dorsais en Santa Maria de Oia de 20.30 a 22.30 horas.

O sábado 26 e o domingo 27 entregaranse os dorsais tal e como vos indicamos a continuación; sábado na Guarda de 7.30 a 8.15 horas e o domingo en Santa Maria de Oia de 7.30 a 8.00 horas.

A presentación do evento contou coa participación de Antonio Lomba Alcalde da Guarda, Montse Magallanes Tenente Alcalde da Guarda, Anxela Fernández Alcaldesa do Rosal, xunto ao seu Tenente Alcalde Germán Fernández , Cristina Correa como alcaldesa de Oia e se concelleira de deportes Modesto Pereira, e como concelleiro de deportes de Baiona Andrea Pérez; Pedro Alvarez como director de carreira e Diego Fernández como representante de Adegas Marqués de Vizhoja.

O evento está organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios e conta coa colaboración do Concello da Guarda, O Rosal, Oia, e Baiona Inscricións abertas na plataforma de inscricións www.tracktherace.com

Está pasando!