O Local de Música de Pontevedra ofrece 2.000 cancións e 120 horas de música para rematar o ano coas propostas dos locais da cidade

30 Decembro 2020

Neste fin de ano toca quedar na casa, pero poderemos escoitar a música dos nosos bares favoritos e ir de “esmorga online” a través do Spotify do Local

A Concellaría de Xuventude de Pontevedra vén de activar unha nova proposta musical para este final de ano da man do Local de Música. En colaboración con varios locais de hostalaría da cidade, veñen de crear unha playlist con preto de 2.000 cancións, o que se corresponde cunhas 120 horas de música, que se poderá escoitar no Spotify do Local de Música.

O programa denomínase “esmorga online” e dentro do perfil de Spotify do Local os usuarios poderán ir “de bar en bar” escoitando a selección de música que foi facilitando cada establecemento.

Fai unha pinchada na túa casa coa selección de música de cada bar, tes ben de variedade de estilos onde escoller.

Está pasando!