“Baños de Natureza” no Monte Santa Trega | © Concello da Guarda

O Monte Santa Trega acolleu a actividade “Baños de natureza”, enmarcada na terceira edición do ciclo “Sostendo o Futuro”

10 Xullo 2023

O Concello da Guarda acolleu na mañá do domingo día 9 de xullo unha das actividades enmarcadas na terceira edición do ciclo “Sostendo o Futuro”, realizadas coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da súa contorna.

Neste caso realizouse a actividade “Baños de Natureza” no Monte Santa Trega, unha estancia no bosque para coñecer e profundizar na nosa conexión coa natureza con axuda dos 5 sentidos. Experimentar o equilibrio e benestar co que nos agasalla o canto dun paxaro ou a suavidade do vento. Exercicios que estimularon os sentidos mentres se fixo o camiño, así como coñecementos sobre plantas e árbores e da natureza en xeral.

Os participantes saíron dende a Casa Forestal do Monte Santa Trega para percorrer diferentes espazos e camiños ao longo das preto de dúas horas que durou esta actividade.

O vindeiro día 21, realizarase na Xunqueira de Salcidos a actividade “Bolboretas nocturnas”, unha actividade cunha duración aproximada de entre tres e catro horas que arrancará ás 21:15 horas.

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nestas actividades programadas baixo a terceira edición de “Sostendo o futuro”.

Está pasando!