Presentación da X Motocallada | © Concello de Redondela

O Moto Club Redondela celebra este domingo a súa X Motocallada

24 Outubro 2024

O Concello de Redondela acolleu a presentación da X Motocallada que organiza o Moto Club Redondela coa colaboración da Concellería de Deportes.

Ao acto asistiron a alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Deportes Iván Valles, xunto ao presidente do Moto Club Carlos Figueroa, a tesoureira Irene Couñago e a secretaria Catalina Besada.

A cita, unha das de máis sona da provincia, será o vindeiro domingo 27 no Campo da Feira de Redondela.

Un ano máis agárdase que centos de moteiros e moteiras se concentren desde as 10.00 horas no recinto. Ás 11.30 horas dará inicio a ruta pola comarca e de regreso á carpa no campo da feira comezará a degustación de callos, empanada e bebida a prezos populares.


Está pasando!